Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : MERLIN 11 ANOS

15 resultados

  • LUÍSA VILLALTA. MELODÍA DE PALABRAS
    CANOSA, MARÍA
    Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de n...
    Disponible

    12,95 €

  • A BOTELLA DE LENTELLAS
    BARBADILLO, LETICIA
    Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...
    Disponible

    12,95 €

  • O VALO
    LABRAÑA, CARLOS
    No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de ...
    Disponible

    11,50 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...
    Disponible

    13,50 €

  • A FOLLA AZUL
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    Disponible

    13,50 €

  • CONTA NOVE ESTRELAS
    MACEIRAS, ANDREA
    Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela. Esta ar...
    Disponible

    14,50 €

  • ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA
    GARCÍA MARTÍNEZ, ANDREA
    O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciñ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • LILIAM STRAWBERRY E O PAXARO DA MORTE
    TOMÉ, ABEL
    Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • COCOTIBUR
    FERNANDEZ LORENZO, RAFAEL
    A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral. A imaxinación, os mitos, a maxia e os costumes populares están presentes no desenvolvemento dos funestos acontecementos que se narran, e que teñen como escenario principal a h...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,50 €

  • XELA QUIXO SER ELA. BIOGRAFIA DE XELA ARIAS
    CASTAÑO,YOLANDA
    A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.Xela Arias...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, adem...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • QUEN SALVA UN CAN
    ESMORÍS, ÉRICA
    Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan. Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • ANTONIO FRAGUAS. O BO MESTRE, O MESTRE BO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, qu...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • AVIÓNS DE PAPEL
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá?Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • TODO O TEMPO DO MUNDO
    PEREZ IGLESIAS, DAVID
    Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €