Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : INFANTIL/XUVENIL

22 resultados

  • NAVE
    SENDON, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...
    Disponible

    13,50 €

  • SETESTRELO
    ESTEBAN, MANUEL
    Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que...
    Disponible

    12,95 €

  • ALMA DE ELEFANTE
    MACEIRAS, ANDREA
    Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os...
    Disponible

    12,50 €

  • A GRUTA DA TORRE
    PÉREZ, LOIS
    Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atop...
    Disponible

    13,95 €

  • FORMIGAS 4. MISIÓN ROSALÍA
    TOBARUELA, PERE
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e...
    Disponible

    13,50 €

  • MIÑOCA E COELLO
    D. VEIGA, RAMÓN
    Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas... Ou, se cadra, non tanto. ...
    Disponible

    13,50 €

  • O XENIO DA CIDADE DO SAL
    CASALDERREY, FINA / SOTO, LUÍS
    «Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Cam...
    Disponible

    14,50 €

  • A VIDA DIARIA DOS ROMANOS
    CARBALLUDE, PEPE
    A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos... Sabías que Roma foi fundada por un neno? Aquí cóntase como eran os xoguetes dos romanos, co...
    Disponible

    13,95 €

  • A TROPA CONTRA O VIRUS
    AVENDAÑO, ALBERTO
    Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fer...
    Disponible

    12,95 €

  • A MEDIA HORA DOS HEROES
    EL HEMATOCRÍTICO
    Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana. Xa pensaba que ía pasar uns descansos aburridísimos, cando foi convidado a formar parte dun grupo de nenos e nenas tan especiais coma el: o incrible e secreto equipo «Lendas do recreo». ...
    Disponible

    14,50 €

  • ALCALDESA VERMELLA
    EL HEMATOCRÍTICO
    Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do ...
    Disponible

    13,50 €

  • LENDAS DO RECREO, 2 CAMPIONS DO MUNDO
    HEMATOCRITO, EL
    Os compoñentes de «Lendas do recreo» pasan un tempo entretido xogando ás escondidas. Non esperaban que un descoñecido interrompese a súa diversión asegurando que é o campión do mundo deste xogo. ...
    Disponible

    14,50 €

  • VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; vento...
    Disponible

    12,50 €

  • A BALADA DOS UNICORNIOS
    COSTAS, LEDICIA
    A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e...
    Disponible

    12,95 €

  • A PIONEIRA
    PENA TABOADA, HÉCTOR
    De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir para A Coruña de hai cen anos. Loitar contra todo e contra todos para facer realidade os seus soños é a súa razón de ser. Pero a Guerra Civil e a represión do fas...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misteri...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • DARIO A DIARIO
    ARIAS, XELA
    En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fill...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,95 €

  • BÁRBARAS!
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos u...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,95 €

  • CONTOS DE OBXECTOS
    P. DOCAMPO, XABIER
    Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se xestaron estes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. Ob...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • OS CORPOS INVISIBLES
    PEDREIRA, EMMA
    L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unh...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA
    FARIÑA, ANXO
    Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €