Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : CRONICA

42 resultados

  • CELSO EMILIO FERREIRO, NACIONALISTA GALEGO
    GONÇALES BLASCO ''FOZ'', LUÍS
    En «Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego» Luís Gonçales Blasco «Foz» propón unha achega ao comportamento político do poeta de Celanova: desde a súa vinculación co movemento nacionalista das Mocedades Galeguistas, até que foi expulsado da UPG e despois militou no PSG para, nos últimos anos de vida ingresar, de forma testemuñal, no PSOE. A obra, que trata tamén o contexto h...
    Disponible

    17,95 €

  • GALICIA
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión. «Galicia» sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Álvaro Cunqueiro ou de...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • LINGUA, PODER E ADOLESCENCIA
    RODRÍGUEZ CARNOTA, MIGUEL
    O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do n...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    24,95 €

  • XEOPOLITICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO
    BLANCO, ALBERTE
    Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e no...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    23,50 €

  • SUBDITOS OU CIDADANS?
    DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
    Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosqu...
    Consultar disponibilidad

    21,95 €

  • A SEMENTE, A A ARBORE, A FROITA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Ãë difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política Ãís súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre ...
    Consultar disponibilidad

    19,95 €

  • VIGO, PURO MILAGRE
    BRAGADO, MANUEL
    Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea. Co formato dunha guía sentimental, afastada de tópicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da e...
    Consultar disponibilidad

    20,50 €

  • A MORTE DE GALICIA
    DUBERT, ISIDRO / GAGO, MANUEL / GONZÁLEZ GARCÍA, FRANCISCO / ANDRADE CERNADAS, JOSÉ MIGUEL / LÓPEZ C
    A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destin...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    24,50 €

  • CONVERSAS CON PACO DEL RIEGO
    CONDE, PERFECTO
    O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo. Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito días mantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que «igual ca Philippe Marlow, leva con h...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • CONTRA TODO ISTO
    RIVAS, MANUEL
    Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • MARÍA VICTORIA MORENO
    SOTO LÓPEZ, Mª ISABEL / SENÍN FERNÁNDEZ, XAVIER
    O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose...
    Consultar disponibilidad

    17,95 €

  • COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
    MARTÍNEZ GONZÁLEZ, XURXO / ÍNSUA LÓPEZ, EMILIO XOSÉ
    «Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «e...
    Consultar disponibilidad

    30,50 €

  • A CONTRADICIÓN PERMANENTE
    NORIEGA, MARTIÑO / SALGADO, DANIEL
    Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas. Entre 2012 e 2017 a esquerda e o nacionalismo galego viviron un destes períodos excepcionais. Como tradución na instancia política da brutal crise económica, as rupturas e recomposición...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que fo...
    Consultar disponibilidad

    19,95 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLÓN, CARLOS
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.Nas súas páxinas analíz...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • A PRENSA EN GALICIA NA TRANSICIÓN
    PÉREZ PENA, MARCOS
    Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante a reivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? A Transición configúrase como o momento fundacional do sistema democrático vixente, da actual organización política e da estrutura socioeconómica; tamén da estrutura de medios. Todos ...
    Consultar disponibilidad

    31,50 €

  • O VOLFRAMIO EN VARILONGO
    BLANCO RAMOS, CARMEN
    O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver...
    Descatalogado

    19,50 €

  • HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
    DUBERT, ISIDRO.(ED.)
    No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    24,95 €

  • A MORTE DE VALLE-INCLÁN
    REIGOSA, CARLOS G. / VALLE-INCLÁN ALSINA, JAVIER / MONLEÓN BENNÁCER, JOSÉ
    Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Com...
    Consultar disponibilidad

    19,95 €

  • FAUSTINO REY ROMERO
    LOSADA VICENTE, XOSÉ RICARDO
    Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal. Algunhas persoas de Rianxo considerábano un sátiro, polos seus amoríos, festas e extravagancias de todo tipo; para outras era máis ben un anxo, qu...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • COLMEIRO POR SI MESMO
    CASTRO FERNÁNDEZ, XOSÉ ANTÓN / REIGOSA, CARLOS G.
    O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de ...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €

  • MEDO POLÍTICO E CONTROL SOCIAL NA RETAGARDA FRANQUISTA
    MARTÍNEZ PEREDA, LUCIO
    Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo ?sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expediente...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    25,95 €

  • CONTRA A MORTE DAS LINGUAS
    MOREIRA BARBEITO, MIGUEL
    Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo m...
    Consultar disponibilidad

    25,95 €

  • CONCIENCIA POLÍTICA E LITERATURA GALEGA EN MADRID
    ACUÑA TRABAZO, ANA
    Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos ci...
    Consultar disponibilidad

    28,50 €

  • NOVOS PASOS POR BRETAÑA
    BOUZAS, PEMÓN
    Novos pasos por Bretaña é unha experiencia viaxeira que nos axudará a comprender mellor o mundo en que vivimos. Dende estas páxinas achegarémonos ás cruces de pedra e aos calvarios que Castelao debuxou; á maxia e ás lendas retratadas por Cunqueiro; sentiremos o mar navegando polas augas bretoas, falando con mariñeiros, sabendo das tradicións e historias de corsarios; coñeceremo...
    Consultar disponibilidad

    18,95 €

  • QUEN MATOU O CANTINO?
    AGRAFOXO, XERARDO
    Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende ach...
    Consultar disponibilidad

    18,50 €

  • CANCELA ABERTA
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas. Unhas doutro tempo, dun tempo que se nos foi, e outras arrincadas deste ir e vir dos nosos días, poñamos por caso a bomba atómica lanzada polo aviador Kirk, o teatro galego en Buenos Aires, as secuelas da invasión a Iraq, a mitificación do Che...
    Descatalogado

    18,30 €

  • A GALICIA MÁXICA DE GARCÍA MÁRQUEZ
    REIGOSA, CARLOS G.
    Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o m...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,50 €

  • INMATERIAIS
    DE TORO, SUSO
    Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles to...
    Consultar disponibilidad

    20,50 €


01 02