Búsqueda de Editorial : KALANDRAKA / Colección : DEMADEMORA

49 resultados

  • SETE MONSTROS E UN GATO
    RAFA ORDOÑEZ / CHRISTIAN INARAJA
    Un vampiro, un zombi, un fantasma, unha bruxa, unha momia, un home lobo, Frankenstein e… un gato! Onde irán? Chegarán ao seu destino? Acompáñaos neste paseo terrorifificamente divertido, cheo de sorpresas e un sorprendente final. Regresa Rafa Ordóñez cun álbum rimado, inspirado nas fórmulas da tradición oral, cuxos protagonistas irán desaparecendo, un por un, da forma máis disp...
    Disponible

    14,00 €

  • O OSIÑO CHISPA
    ABAD, JOSE ANTONIO
    Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, aautonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa eraun pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: ?Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar?. Perocociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira debrazos eran tarefas máis difíciles do que Chi...
    Disponible

    14,00 €

  • TORTUGA VS. LEBRE. O DESQUITE
    PINTOR, DAVID
    Unha divertida e transgresora versión da fábula clásica na que descubrimos a verdadeira razón pola cal a tartaruga gaña a carreira. A lebre e a tartaruga é unha coñecida fábula atribuída a Esopo e posteriormente reescrita por La Fontaine ou Samaniego coa que xeración tras xeración aprendemos que a perseveranza é capaz de vencer a arrogancia. David Pintor xoga con esta narración...
    Disponible

    14,00 €

  • UNHA GRAN SORPRESA
    KULOT, DANIELA
    Daniela Kulot regresa ás librarías co quinto título da serie Xirafa e Crocodilo, unha colección que contribuíu a transmitir aos nenos e nenas de maneira orixinal e divertida a importancia do amor, a tolerancia e o respecto á diversidade. Nesta ocasión, son os máis pequenos da casa, Croquila e Rafolo, quen guían a familia a través do río, a montaña ou a cidade seguindo un singul...
    Disponible

    16,00 €

  • SOÑOS Á BEIRAMAR
    ESTÉVEZ GANTES, ROSA
    "Unha tarde de final de verán, Tainá convidou a Luana, a pequena veciña que acaba de chegar á vila, a xogar co seu papaventos no bordo do mar. Unha divertida xornada de xogos e confidencias entre amigas axuda as protagonistas desta historia a comprender mellor sentimentos e emocións." ...
    Disponible

    14,00 €

  • CHUVISCA
    PÉREZ HERNANDO, FERNANDO
    Dunha adversidade, como a chuvia que enchoupa o fogar dunha familia de aves, xorde a oportunidade para que os seus habitantes aprendan os uns dos outros e enriquezan mutuamente os seus coñecementos, coa axuda dunha sabia mamá paxaro. «Chuvisca» é un álbum ilustrado que, dende a sinxeleza, presenta unha historia circular; unha certa metáfora desta sociedade individualista que, d...
    Disponible

    14,00 €

  • A ESCADA VERMELLA
    PÉREZ HERNANDO, FERNANDO
    Protagonizado por un paxaro inxenuo e un enxeñoso coello, «A escada vermella» é un divertimento para pre-lectores e primeiros lectores que destaca pola sinxeleza da súa proposta estética, figurativa e cun plantexamento secuencial. ...
    Disponible

    14,00 €

  • CHOFER DE SANDÍAS
    RUBIO, ANTONIO
    «Chofer de sandías» é unha simpática historia ambientada nunha gran cidade, alienada e alienante. Pero mesmo en lugares tan hostís acontecen cousas sorprendentes, excepcionais e insólitas. Como que unha humilde semente de sandía agrome, medre, floreza e dea froitos enroscada nunha farola, convertida en parra luminosa. ...
    Disponible

    14,00 €

  • RATOS NA ESCOLA
    GONZÁLEZ, XOSÉ MANUEL
    Logo de «Os ratos da casa» e «Ratos de viaxe», as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren na escola, onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas. Dende o punto de vista literario, «Ratos na escola» mantén a estrutura dos títulos precedentes, con estrofas de catro versos, rima consoante e palabras encadeadas. Este esquema acentúa o ritmo do relato, pot...
    Disponible

    14,00 €

  • MONCHO E A MANCHA
    DASILVA IRAGO, KIKO
    Ao pequeno Moncho gústalle pintalo todo: a cama, o mantel, a neveira e mesmo o seu propio avó... Logo dunha intensa xornada creativa, empéñase en averiguar o significado dunha mancha de pintura negra que descobre nun papel en branco. Ese borrancho parece transformarse a ollos de quen deixe voar a súa imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho non atopa ninguén capaz d...
    Disponible

    14,00 €

  • FACER DEDO
    KARSTEN, GUILHERME / BALLESTEROS, XOSÉ
    «Facer dedo» é unha historia disparatada, unha aventura chea de humor e situacións hilarantes que transcorre a bordo dun automóvil ao que se van incorporando peculiares pasaxeiros. Un texto rimado presenta a un surfista que se prepara para ir á praia coa súa táboa. O resultado deste libro de Guilherme Karsten é un relato acumulativo, con moito ritmo e sonoridade, e cun esq...
    Disponible

    16,00 €

  • PAXAROS
    ORTEGA, NATACHA
    «Paxaros» é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro, sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación. Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro ...
    Disponible

    14,00 €

  • O CONTO DO OUTRO DÍA
    ALIAGA, ROBERTO
    «O conto do outro día» representa o amor incondicional aos fillos a través dun tenro diálogo -na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir- do que se desprende a capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere, da súa etapa infantil pasada, a emoción e a fantasía perdidas. Moitas familias identificaranse con esta estampa nocturna, agardando a que os máis pequ...
    Disponible

    14,00 €

  • UN RICO PASTEL
    CHRISTIAN VOLTZ
    "Oh! Que desatre! Invitei a dona Branca a merendar… Dende hai unha hora, estou intentando facer un pastel… Pero non hai xeito nin dereito! Está a quedar como un puré! E iso que fixen a receita paso a paso…" Facer «Un rico pastel» non é tan doado como parece, nin como explican os libros tradicionais de receitas, nin os dispositivos móbiles actuais. E se non, que llo digan ao pob...
    Disponible

    14,00 €

  • CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
    HERAS,CHEMA
    -Os Reis non entran nas casas dos nenos que non estan durmidos! -espetoulle o pai. -Entón voume deitar cedo –aceptou o cativo. ...No medio e medio da noite, Martiño espertou coas ganas de mexar… «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de en...
    Disponible

    14,00 €

  • AÍNDA NADA?
    VOLTZ, CHRISTIAN
    De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas. Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou ben a terra coa súa regadeira. O protagonista deste relato sementa algo na terra. Agarda un día...
    Disponible

    14,00 €

  • RATOS DE VIAXE
    GONZÁLEZ ?OLI?, XOSÉ MANUEL
    Os ratos, O traxe, para ir de viaxe, de gala ou semana, meten na maleta vai mellor colgado cada un o seu traxe. na autocaravana… Despois de “Os ratos da casa”, as novas aventuras destes simpáticos roedores trasládanse á praia para gozaren do bo tempo mentres se divirten. Pero mesmo os preparativos e o propio itinerario convértense nunha animada peripecia. ...
    Disponible

    14,00 €

  • OS RATOS DA CASA
    GONZÁLEZ, XOSÉ MANUEL
    O ceo, O monte, queres que cho conte?, pouquiño a pouquiño, cando chega á Terra, subindo e baixando, descansa no monte. achega o camiño… “Os ratos da casa” é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida? Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando os pers...
    Disponible

    14,00 €

  • UNHA CASA A MEDIDA GALLEGO
    KULOT,DANIELA
    "Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta. Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño. Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros. Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados..." Os protagonistas deste relato son unha atípica parella de namorados que vencen -a base de enxeño e dun chisco de humor- as dificultades que xorden para conviviren xuntos. Porque as trab...
    Disponible

    16,00 €

  • DISTINTA
    VALENCIA, BETO
    Lúa espertou. Non sabe por que…, pero ela séntese distinta. Cada día, mentres uns se queixan por ter que madrugar…, a ela encántalle erguerse cedo para escoitar os segredos que murmuran as nubes da mañá... A capacidade para escoitar as nubes, bambearse nas ondas do mar, aproveitar cada escintileo de luz e de cor que nos ofrece o día ou xogar coa lúa, é unha habilidade da que no...
    Disponible

    14,00 €

  • TOMÁS O BROMISTA
    RICO RODENAS, JORGE
    Tomás era un neno moi traste ao que lle encantaba agocharse e disfrazarse cando viñan visitas á casa. Un día veu comer unha amiga da súa nai, que vivía en Francia. Tomás correu ao faiado, cunha manta e un pouco de fío fixo un disfrace de crocodilo. E cando abriu a porta… “Tomás o bromista” reúne todos os ingredientes para gustarlle ao público infantil, invitándoo a que se invol...
    Disponible

    14,00 €

  • ANIMAIS DE COMPAÑIA
    A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro. Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tr...
    Disponible

    14,00 €

  • NON É UNHA CAIXA
    PORTIS, ANTOINETTE
    Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña a un foguete espacial, o protagonista demostra como unha caixa pode ser todo aquilo que nos permita a imaxinación. Recreando vivencias da súa nenez, a autora aposta por potenciar a economía de recursos de antano: sen apenas nada co que distraerse, pódese converter o obxecto máis sinxelo no...
    Disponible

    14,00 €

  • UN MÁIS
    GONZÁLEZ, OLALLA
    A chegada dun novo irmán ou irmá suscita a curiosidade do protagonista de ?Un máis?, un relato para primeiros lectores que destaca pola súa estrutura repetitiva a tres niveis: pola reiteración das fórmulas coas que pequeno coello interpela a súa nai para saber cando se producirá o nacemento; a outros habitantes do bosque anunciándolles a boa nova e trasladándolles a súa insiste...
    Disponible

    15,00 €

  • GRISELA
    DE VRIES, ANKE
    Un día, Grisela atopouse moi triste,tan triste coma o seu pelame gris.«Teño que facer algo», pensou.Colleu un bote de pintura vermella e dixo:?Se me pinto dunha cor alegre,seguro que me poño contenta??Grisela? é unha fábula actual sobre a importancia de serun mesmo, aceptándose cos defectos e coas virtudes propiosde cada un. Cando se sinte mal a causa do seu aspecto,a ratiña pr...
    Disponible

    14,00 €

  • A ÁRBORE DA ESCOLA
    "No patio da escola había unha árbore. Só unha.A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore duranteos recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouseno seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas,como de arame, e tiña unhas poucas follas secas.Pedro achegouse e acariñou o seu tronco?"A importancia da educación ambie...
    Disponible

    14,00 €

  • GANAPAN DAS PALABRAS
    CACCAMO, PEPE
    18 anos despois da súa primeira edición, volve a historia das cinco palabras aventureiras que caen nun espello e se volven do revés. Pedra, cama, laranxa, lúa, pan... ...
    Disponible

    14,00 €

  • A VIAXE DE MAMÁ
    MARIANA RUIZ JOHNSON
    Tralo éxito de ?Mamá? (VI Premio Internacional Compostelade Álbum Ilustrado), Mariana Ruiz Johnson preséntanosneste novo álbum a experiencia dunha nai que tenque ausentarse durante un tempo do fogar por motivos laborais.?A viaxe de mamá? abarca todo o proceso: a preparaciónda equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutinadoméstica, a comunicación a distancia grazas ao...
    Disponible

    14,00 €

  • OS RATOS DA CASA
    "Os ratos da casa" é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida? Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando os personaxes e os elementos que actúan na trama e utilizando a rima, ?Oli' guíanos nunha viaxe que busca novas formas de contar unha historia e...
    Disponible

    13,00 €

  • QUÉN FALTA?
    PAPINI, ARIANNA
    A deforestación, o quecemento do planeta, o furtivismo, a contaminación... O ser humano levou á extinción a moitas especies en todo o mundo. Este libro poético recolle o testemuño dalgúns animais que xamais volverán volar, nadar, correr. ...
    Disponible

    14,00 €


01 02