Búsqueda de Editorial : GALAXIA / Colección : BIBLIOTECA COMPOSTELA

13 resultados

  • CEA, A (BCNE-PREMIO NOVELA EUROPEA CASINO SANTIAGO 2011)
    KOCH, HERMAN
    A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Paul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor p...
    Consultar disponibilidad

    18,70 €

  • MR.GWYN
    BARICCO, ALESSANDRO
    Detrás de Baricco están os personaxes que crea, agora o nada convencional Mr Gwyn. Ademais deste personaxe, na novela hai un mangado de historias inesquecibles e unha reflexión fonda sobre a vida e sobre como vivila. Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,00 €

  • CHAMOME VERMELLO
    PAMUK, ORHAN
    Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración do Concello de Santiago. A fins da década...
    Consultar disponibilidad

    27,70 €

  • DESAPARICION DE ESME LENNOX
    O`FARREL, MAGGIE
    Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta inf...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,95 €

  • EU, JEAN GABIN
    SAPIENZA, GOLIARDA
    Pode unha rapaza ?abandonada toda a tarde no ventre seguro dun cinematógrafo? chegar a identificarse totalmente co actor Jean Gabin? Si, se esa rapaza se chama Goliarda Sapienza. A actriz de cinema convertida en escritora é unha das descubertas da narrativa italiana actual. Lectoras e lectores estanse a achegar á súa obra literaria, que se volve publicar despois da súa morte. A...
    Consultar disponibilidad

    18,60 €

  • LIBRO NEGRO, O
    PAMUK, ORHAN
    Unha fervenza de historias engaioladoras que rebolen arredor dun misterio nada convencional. A muller de Galip desapareceu, cabe a posibilidade de que o abandonase e marchase con Celâl, un célebre cronista que, a súa vez, tamén se esvaeu. Mentres Galip investiga, acaba por asumir a identidade do envexado Celâl, vestindo a súa roupa, contestando o seu teléfono, incluso escribind...
    Consultar disponibilidad

    27,20 €

  • A VERDADE SOBRE MARIE
    TOUSSAINT, JEAN-PHILIPPE
    En 'A verdade sobre Marie', Jean-Philippe Toussaint prolonga ou retoma a historia que une e separa, aproxima e afasta, a imprevisible e sedutora Marie a un engaiolado narrador. Sempre a viaxaren, sempre en movemento, sempre en perigo, aprenderon a vivir e a amar sen se preocupar das dimensións do mundo nin do tempo. Cunha fatalidade insaciable que, así e todo, endexamais chega ...
    Consultar disponibilidad

    15,50 €

  • C
    MCCARTHY, TOM
    A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta a historia dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falar nenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicación telegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmá Sophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas a medias polos alumnos de seu pai. Despois dunha e...
    Consultar disponibilidad

    25,95 €

  • EMAUS
    BARICCO, ALESSANDRO
    Un grupo de rapaces de dezaseis e dezasete anos -Bobby, o Santo, Luca e o narrador- quedan engaiolados por Andre, unha moza cuxa personalidade e capacidade de atracción sexual vai condicionar o resto das súas vidas. Malia as obsesións fomentadas pola súa educación católica, os protagonistas de Emaús van explorar ese territorio de ninguén que está situado alén do ben e do mal. ...
    Consultar disponibilidad

    15,80 €

  • VIUVA PREÑADA, A
    AMIS, MARTIN
    Verán de 1970. Nun castelo italiano, media ducia de mozos aboian nun mar de cambios, apreixados no interior da historia da revolución sexual. As rapazas compórtanse coma se fosen mozos e os mozos fan o mesmo de sempre. Keith Nearing é un estudante de literatura inglesa que tenta tirar proveito do feminismo e do triunfo das mulleres. Décadas despois, en pleno século XXI, Keith t...
    Consultar disponibilidad

    26,90 €

  • CAOS CALMO
    VERONESI, SANDRO
    Aparentemente, a historia dun home cun traballo bo, unha muller que o quere e unha filla de dez anos debería ser a historia dun home feliz. Mais non o é. Porque un día a Pietro Paladini, o protagonista, acontécelle o imprevisible e todo cambia. Pouco e pouco, cunha calma abraiante, descobre o lado oculto dos outros -do seu xefe, dos compañeiros de traballo, dos familiares e coñ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    25,95 €

  • BONITA ESCAPADA, UNHA
    GAVALDA, ANNA
    Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada está a ser unha das novidades máis lidas en francés nestes últimos meses. Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tres irmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmente anoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que é guía turístico nun recuncho perdido d...
    Consultar disponibilidad

    12,70 €

  • NOCTURNOS
    ISHIGURO, KAZUO
    Kazuo Ishiguro propón a lectores e lectoras un libro de relatos escritos seguindo o leit motiv da música. Un quinteto narrativo que desenvolve, en diferentes rexistros e sonoridades, un tema obsesivo: como manter acesa certa concepción romántica da vida mesmo cando, cos anos, as ilusións da mocidade desaparecen. Nocturnos, publicado en inglés en 2009, foi saudado moi favorablem...
    Consultar disponibilidad

    20,80 €