Búsqueda de Editorial : BAIA / Colección : BAIA NARRATIVA

14 resultados

  • A FUXIDA
    REY VÁZQUEZ, CRISTINA
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social,...
    Disponible

    13,50 €

  • MEMORIA PARA XOANA
    MARICA CAMPO
    Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada...
    Disponible

    12,00 €

  • O MAL QUERER
    CAROU FIGUEIRA, NATALIA
    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. É un gran amante do m...
    Disponible

    14,35 €

  • AS CARTAS DO DESARRAIGO
    VIDAL BLANCO, FRANCISCO ANTONIO
    Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro). Tras case cincuenta anos de ausencia, Fabio volve á vila natal, de onde seu pai o sacara de maneira abrupta, abandonando a súa nai. Unha ausencia sobre a que nunca indagou por medo a facer preguntas que non se poidan responder. Ao volver, coa axuda dunha amiga e veciña de infancia, irá facendo un retrato da socied...
    Consultar disponibilidad

    16,00 €

  • A MONA DE SCHRÖDINGER
    LARVÓS AMOEDO, UXÍO
    Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o d...
    Consultar disponibilidad

    14,35 €

  • UNHA PRESA DE TERRA
    JIMÉNEZ ALEIXANDRE, MARILAR
    Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e outra vez, un conto popul...
    Consultar disponibilidad

    18,55 €

  • TRES EN RAIA
    MARTÍNEZ OCA, XOSÉ MANUEL
    Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro con Antonio e Gabriel e o punto de partida para coñecermos a historia da súa amizade nun Ourense, convertido aos nosos ollos, máis que nun mero espazo físico onde dan os seus ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,70 €

  • VELENO EN FAMILIA
    ROCIO LEIRA
    Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. *** Un ingreso hospitalario fai saltar pol...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,35 €

  • AS FAUCES FEROCES
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas quinta e sexta que se intúe...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,35 €

  • BOCK DE CERVEJA
    CORRAL IGLESIAS, JOSÉ ALBERTE
    Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital. O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a vivências que se desen...
    Consultar disponibilidad

    12,15 €

  • O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
    PACO RIVAS
    Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da “Señorita de Lobeiras” e rematan coas “Memorias do esqueleto Isolino”, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente,...
    Consultar disponibilidad

    13,25 €

  • BERGAN
    JOSE LORENZO TOME
    Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel. O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensame...
    Consultar disponibilidad

    14,35 €

  • ALMA.UN SOPRO DE AIRE FRESCO
    JOSÉ LORENZO TOMÉ
    Alma, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren...
    Consultar disponibilidad

    13,20 €

  • PEGADAS NUN LABIRINTO BALEIRO
    XOSE MANUEL GARCIA LOPEZ
    Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación máis estraña da súa vida...
    Consultar disponibilidad

    19,85 €