O noso libro recomendado para este mes de marzo é O ANO DO TIGRE de Lucía Aldao, Xiana Arias, Patricia A. Janeiro, Carlos Lixó e Ismael Ramos. Editado por Rodolfo e Priscila editora indecisa.
No noso 1 de febreiro do 2022 comeza o Ano Luar Chinés que ten como protagonista o tigre. Para celebralo, as editoras propuxéronlles a tres autoras e dous autores escribir cadanseu relato con este motivo. O resultado é este mollo de contos, nos que teñen o seu lugar tigres e tigresas de toda clase e condicións. Relatos que nos fan rir, incluso ás gargalladas, que tiran da nosa fantasía, que nos abraian ou nos sobrecollen. Todos eles ben diferentes en temática, estilo e tempo. Resulta curioso lelos así, relacionándose entre eles a través da imaxe do tigre e de todas as súas advocacións. A edición que os recolle e os aglutina non pode ser máis fernosa, unha pequena xoia, un pequeno diamante como é o distintivo do seu selo editorial.
O noso libro recomendado no mes de maio en 2021 foi AS MALAS MULLERES de Marilar Aleixandre.
Seguir leyendoO noso libro recomendado en febreiro de 2021 foi LUZ DE FEBRERO.
Seguir leyendoA nosa novela recomendada de xaneiro 2021 foi ILLA DECEPCION
Seguir leyendo