A fatalidade, as dificultades da navegación
nunha costa chea de perigos... estas causas orixinaron que no
fondo das nosas costas durman centos de pecios de barcos naufragados.
Neste libro o autor achéganos dun xeito ameno e pormenorizado
unha moi valiosa información sobre os naufraxios ocorridos
na provincia marítima de Ferrol, o litorial comprendido
entre a ría de Ares e a Punta da Cruz de Ribadeo. A través
de fotografías, mapas e documentación de diverso
tipo, describe os afundimentos de naves e embarcacións,
relatándonos con todo luxo de detalles as impresionantes
experiencias humanas vividas polos mariñeiros do litorial
norte de Galicia, dándonos a coñecer, xa que logo,
unha parte fundamental da nosa historia