O Mariscal Pardo de Cela é unha das
figuras máis atraientes da historia de Galicia. Facelo
falar en primeira persoa é toda unha aventura que Luis
E. Cabanela acomete nesta novela histórica. A nosa propia
historia colectiva fúndese coa memoria do mariscal no
discorrer destas páxinas que, desde unha perspectiva
autobiográfica, conxugan a ficción e unha delicada
recolleita de datos sobre o pasado dun personase que se avista
aínda hoxe entre a historia e a lenda.