|
III.- MONDOÑEDO
Tiña razón Pedro Tapia. Cando lle ensinamos
a Fernando de Acuña as cartas de "seguro e amparo"
da Raiña Isabel respondeu que a Raíña
estaba moi lonxe e que qén mandaba en Galiza era él.
Díxolle ó Mariscal diante de todos nós
que as cabezas dos rebeldes están millor debaixo da
terra. Avisamos a súa dona que saiu a toda presa para
Valladolid. Nosoutros acompañamos ó Mariscal
ate Mondoñedo. Pasamos por diante do que é hoxe
Finca Galea, onde a pedra e a auga se voltan silencio e poesía.
Despoisbordeamos a nosa casona de San Sebastián de
Carballido, hoxe dos Reimunde, e vimos dar a Adelán,
ó castelo onde se escondera o Mariscal, o de Fonsa
e Atilano Yáñez Basanta. Chegamos á ponte
do Masma e xa en Viloalle escoitamos o canto da súa
auga caer pola fervenza. Entramos á cidade episcopal
pola rúa do Camiño Norte e pasamos por diante
das casas solariegas da familia do Mariscal. Metéronos
no calabozos co concello, fronte á catedral e o pazo
do bispo. Por orde o Mariscal, ó día seguinte
fun parlamentar co Cabildo e prometéronme que intercederían
contra Acuña e Cinchilla. Volvín tódolos
días despois do coro das sete, e xa nunca máis
me quixeron recibir. Fernando de Acuña reuniuse varias
veces en Vilalba, no pazo dos Andrades, cós "deservidores
dos reis", e vímolo entrar outras tantas veces
no pazo do bispo. Ó longo destos dez eternos días,
fúmonos dando conta que as portas máis amigas
pechábansenos. O merino da cidade, Alvaro García
de Luarca, ó que nombrara o Mariscal, atrincherouse
no pazo do bispo e non quixo saber nada de nos. Foi un Pilatos
dende o primeiro día. Somente quedaba unha derradeira
esperanza: o indulto que a súa muller fora buscar a
Valladolid. Na tare-noite do día dazaseis entrou toda
a comitiva comandada por Chinchilla e Acuña no pazo
episcopal. Fixen un último intento de falar con eles,
pero escoitei decotío que estaban reunidos e non podían
recibir. Xa me dín conta que non había nada
que facer. A mañá seguinte á do dazasete
levantaron un catafalco diante da catedral e por toda a vila
había un ruxe-ruxe de que iban axusticialo. Así
foi, contra a tarde, despois do coro das catro, coa bendición
dos coengos, cortárenlles as cabezas. Ó cortar
a do Mariscal, asasinaron a libertade de Galiza, e ó
cortar a do seu fillo, quixeron decir que mataban calquer
intento de sedición e, desde logo, a continuidade da
sangue dos Pardo de Cela. Pero a confabulación dos
coengos chegou a tales extremos que para previr que a súa
dona chegara a tempo có indulto real, mandaron a catro
cregos á ponte de Ruzos có gallo de entretenela
ate que escoitaran o tanxido de morte das campás, como
así foi. Desde entón a esa ponte chámaselle
a ponte do "pasatempo". Enterráronos na catedral,
xunto ó púlpito do evanxeo, na capela maior,
desta maneira a igrexa tratou de limpar a súa concencia
acolléndoos no seu reino. Igualmente, o merino púxolle
o nome de Pardo de Cela á rúa que él
viu por última vez e na que están as súas
casas señoriais: a dos Aguiar e Pardo-Montenegro. Aquel
dazasete de decembro de 1483, por defender unha Galicia de
seu, na praza da catedral de Mondoñedo, ficou o derradeiro
urogallo galego e dende entón nesa cidade habitou para
sempre o silenzo. Pero a estirpe da familia Pardo de Cela,
representada na súa filla Constanza de Castro, segueu
vingando a execución do seu pai e irmán ate
morrer asediada no seu castelo de Cal da Loba polas tropas
castelás, agora capitaneadas por Diego Lopez de Haro.
¡Gloria para sempre ós Pardo de Cela!.
|