|
II.- A FROUXEIRA
A vista desde o cumio é sobrecolledora: mar, serras,
montes, fragas, arbres e paxaros. Xa o dí o topónimo:
o val douro. e pramáis, no outono. Silenzo de norte.
Xa os ocres se impuñan ós verdes. E o vento.
Un vento mouro e forte fungaba nos ramallos. E o son dos ríos:
o Ouro, o Oiras, o Cobos, a Cascada do Escouridal... laios
de monte e pedras. Mentras fixéramos o percorrido do
abastacemento, atacaran varias veces á Frouxeira. Tivemos
baixas. Quedaban coma vintedous homes. Pasamos unhos días
arranxando o castelo e preparando as cousas para a longa invernía.
Xa outros homes subiran mel, castañas, noces, avellanas,
froita e moita carne de caza: xabarín, corzo, cervo,
lebres, coellos... Máis contra o inverno, tamén
traguíamos carne de xato, porco e cordeiros criados
nestas verdecentes campías. Venteaba a todo ventear.
Novembro é un mes de ventos. Baixamos a levar as últimas
provisións ó Castelo de Castro Douro. Ós
poucos días vimos coma os esbirros de Mudarra desfacían
as paredes da Frouxeira. Axiña soupemos que Roi Cofano
do Valadouro fora sobornado por Mudarra e despois de convencer
ós compañeiros, pactou a entrega do castelo:
non hai peor cuña ca da mesma madeira. Traidores hainos
ate no cumio da Frouxeira. Unhos, fixémonos fortes
no castelo de Castro Douro e o Mariscal escondeuse no pazo
de Fonsa Yañez, en Adelán, agardando para poder
reagruparnos e así facerlles fronte. Foi en vano. A
traizón do castelo colleunos por sorpresa. Às
tropas de Mudarra unírense as de Fernando de Acuña,
que viñeran desde Sarria, e fixeron preso a todo canto
se lles puña por diante. Ó Mariscal e ó
seu fillo encadeáronos xuntos e leváronos presos
para Mondoñedo o 7 de decembro.
|