Librería Bahía Librería Bahía

Castellano Galego
Procura avanzada

TEN NA súa CESTA DA COMPRA

0 Artigos

En total 0,00 €

Protección de datos


Ao abeiro da Lei orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, indicámoslle que os datos persoais que vostede nos fornece de xeito voluntario por calquera dos nosos medios de recollida de información van ser incorporados a ficheiros automatizados de tratamento de datos de carácter persoal debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos.

Estes ficheiros teñen como única finalidade a xestión profesional (1) por parte de Bahía Cultura e Ocio S.L., que é titular dos devanditos ficheiros. Os datos contidos neles serán tratados de xeito confidencial. Bahía Cultura e Ocio S.L. cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.

(1) Xestión de clientes, realización de orzamentos, xestión contable e fiscal, elaboración de facturas, xestión laboral.

Bahía Cultura e Ocio S.L. adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Para a realización da xestión antes mencionada pode cumprir cederlles os datos a encargados de tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas (as cales poden verificar a veracidade dos datos).

Infórmase da posibilidade de enviarlle información sobre actividades e servizos de interese aos que vostede presta o seu consentimento e que, por calquera medio, puidesen levar a cabo entes colaboradores do titular do ficheiro e o propio titular do ficheiro.

Esta autorización faise efectiva de xeito retroactivo a calquera tratamento de datos feitos xa por parte do titular do ficheiro, sempre e cando a finalidade fose a anteriormente indicada. Tamén se fai efectiva para calquera outro tratamento necesario para a prestación de servizos de recente ou nova contratación.

Para que a información que conteñen os nosos ficheiros estea sempre actualizada e non conteña erros pedímoslles aos nosos clientes e usuarios que nos comuniquen, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal.

Se desexa exercer o dereito de acceso, rectificación, oposición ou cancelación, envíe un escrito (achegando fotocopia do DNI) a:

Bahía Cultura e Ocio S.L., avda. da Mariña nº 40, 27780 Foz (Lugo) - Correo electrónico: info@libreriabahia.com