Librería Bahía Librería Bahía

Castellano Galego
Procura avanzada

TEN NA súa CESTA DA COMPRA

0 Artigos

En total 0,00 €

Condicións de venda


Obxecto e ámbito de aplicación
As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular a relación entre Bahía Cultura e Ocio SL (en adiante, Librería Bahía) e Vostede (en adiante o Cliente), relativas á posta a disposición da información subministrada na web de Librería Bahía, así como as transaccións que xurdan entre Librería Bahía e os usuarios da web www.libreriabahia.com (en adiante, a web), dominio do que é titular Bahía Cultura e Ocio SL, sociedade legalmente constituída, provista de CIF número B27307388.

Así mesmo, a contratación en liña dos servizos ofrecidos por Librería Bahía a través desta web estará suxeita ao disposto no aviso legal da web. Tanto a navegación pola web como a adquisición de calquera dos produtos ofertados nela supoñen a aceptación como usuario, sen reservas de ningunha clase, de todas e cada unha das presentes condicións xerais de contratación e utilización. Librería Bahía poderá en todo momento e sen previo aviso modificar estas condicións xerais de contratación e uso, así como as condicións particulares que, no seu caso, se inclúan, mediante a publicación das devanditas modificacións na web co fin de que poidan ser coñecidas polos usuarios.

Información subministrada na web
Librería Bahía resérvase o dereito de modificar a oferta comercial (produtos, prezos, promocións e outras condicións comerciais e de servizo) presentada na web en calquera momento.

No caso de que, nalgún momento, se producise algún erro na web, alleo á vontade de Librería Bahía, procederase decontado á súa corrección. De existir un erro tipográfico nalgún dos prezos amosados e se o Cliente tomase unha decisión de compra baseada no devandito erro, comunicaráselle o erro ao Cliente e este terá dereito a rescindir a súa compra sen custo ningún pola súa parte. Do mesmo xeito, é posible que os contidos da web poidan amosar, en ocasións, información provisional sobre algúns produtos. No caso de que a información facilitada non correspondese ás características do produto, o Cliente terá dereito a rescindir a súa compra sen custo ningún pola súa banda.

Librería Bahía non é responsable nin directa nin indirectamente de ningunha das informacións, contidos, afirmacións ou expresións que conteñan os produtos comercializados na web. Esta responsabilidade recae en todo momento nos editores ou distribuidores dos devanditos produtos.

Realización do pedido
Para proceder á compra de produtos, o Cliente deberá engadir á cesta o produto que desexe adquirir, segundo as indicacións recollidas na pantalla, cubrindo para eses efectos o formulario de pedido subministrado e validándoo. A validación do pedido por parte do Cliente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato. Agás que se probe o contrario, os datos rexistrados por Librería Bahía constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre Librería Bahía e o Cliente. Librería Bahía arquivará o documento electrónico no que se formalice o contrato.

Dispoñibilidade dos produtos
A selección de produtos ofrecidos en www.libreriabahia.com é válida en tanto que os produtos estean visibles na web, cos límites de stock dispoñibles. De a mercadoría atoparse en stock, o prazo aproximado é de 3 a 5 días, a partir da tramitación do pedido. Se, pola contra, Librería Bahía non dispón de stock, realizaralle unha petición ao provedor, estimando un prazo aproximado de 10 días. A estes hai que engadir os prazos de entrega que poden ter os operadores de transporte cos que traballa Librería Bahía.
Estes prazos compútanse sobre días laborables (de luns a venres) posto que Librería Bahía non realiza expedicións en festivos, sábados nin domingos. Os prazos de expedición indícanse a modo de orientación. De existir algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, Librería Bahía porase en contacto co Cliente para llo comunicar decontado e darlle un novo prazo de entrega ou, se non fose posible servir o devandito produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un atraso na entrega respecto aos prazos indicados non lle dará dereito ao Cliente a esixir indemnización ningunha.

Modos e prazos de envío
Os produtos envíanse ao enderezo de envío que o Cliente indique no pedido. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa. En casos excepcionais, Librería Bahía reservarase o dereito a desagregar o pedido, enviando os artigos dispoñibles e deixando pendente dun segundo envío os artigos non dispoñibles. Neste suposto, o segundo envío realizarase sen custo adicional ningún.
Librería Bahía propón distintos modos de envío para facer chegar o pedido ao Cliente do modo máis cómodo e axeitado ás súas necesidades. Desde a súa cesta da compra o Cliente poderá seleccionar o tipo de envío que desexe en función da zona e o modo de entrega que prefira.

No suposto de que o Cliente detectase algún problema no momento da entrega do seu pedido (embalaxe estragado, produtos que faltan ou están deteriorados) deberá indicalo por escrito no albará de entrega do transportista e contactar por teléfono con Librería Bahía (+34 982140434) dentro das primeiras 24 horas seguintes á recepción. Non se admitirá ningunha devolución do artigo danado nin a reclamación do artigo que falte se non foi comunicado dentro do prazo establecido.

Recollida en Librería Bahía
Se o Cliente vive preto pode facer uso do servizo de recollida da súa compra na Librería Bahía. Deste xeito, pode comprar comodamente desde a súa casa e recoller a súa compra na tenda. Esta modalidade non ten custos de transporte asociados. Para a recollida do pedido, sempre e cando fose previamente pagado, o Cliente deberá presentar o DNI ou documento de identidade. No caso de que sexa outra persoa a que pase a recoller o artigo no lugar do Cliente, deberá constar así nas observacións do pedido ou o Cliente deberá avisar enviando un correo electrónico a Librería Bahía indicando o nome e os apelidos da persoa que pasará a recollelo, quen, á súa vez, deberá presentar o seu DNI. No caso de que o pedido fose enviado e o Cliente non teña novas da entrega, pode contactar coa Librería Bahía no número de teléfono +34 982140434 ou no correo electrónico info@libreriabahia.com.

Pagamento
En función dos produtos que se adquirisen, as compras poden pagarse por calquera dos medios que se enumeran deseguido:
-Tarxeta (Visa, MasterCard). Para pagamentos realizados con tarxetas emitidas fóra de España, cómpre que o banco emisor estea acollido ao Protocolo de Seguridade de Comercio Electrónico Seguro (CES). Non se admitirán pagamentos con tarxetas que non cumpran este requirimento.
-Transferencia bancaria.


Dereito de desestimación
Librería Bahía garántelle ao Cliente a posibilidade de anular o seu pedido en calquera intre e sen custo ningún, sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido sexa posto a disposición do transportista para o seu envío. No caso contrario, o Cliente deberá agardar a recibir o pedido para tramitar a súa devolución.

O Cliente disporá dun prazo mínimo de 7 días hábiles desde a recepción do artigo comprado para a súa devolución. Dentro do prazo estipulado, o Cliente comunicaralle a Librería Bahía o seu desexo de exercer o dereito de rescisión do contrato, chamando por teléfono ao número +34 982140434 ou enviando un correo electrónico a info@libreriabahia.com.

O pedido devolto deberá ser entregado xunto co albará de entrega e, no seu caso, a factura emitida por Librería Bahía e o Cliente correrá cos gastos de devolución. O Cliente poderá devolverlle calquera produto comprado á Librería Bahía sempre e cando non fose aberto nin empregado e conserve o seu precinto ou embalaxe orixinal. Librería Bahía reembolsaralle ao Cliente o importe do produto, mais non os gastos de envío aboados no pedido.

Se un produto distinto ao solicitado polo Cliente fose entregado por erro de Librería Bahía, entregaráselle o produto correcto, recollendo o primeiro, sen cargo adicional ningún para o Cliente.


Produto defectuoso de orixe
Librería Bahía comprométese á substitución dos produtos que sexan defectuosos de orixe. Librería Bahía correrá con todos os gastos pertinentes á substitución do produto defectuoso, o cal inclúe os portes de recollida do artigo defectuoso e o envío do novo artigo ao Cliente. De ser imposible a substitución do produto defectuoso, Librería Bahía aboaralle ao Cliente o importe íntegro do artigo, así como a parte correspondente aos gastos de envío do devandito artigo aboada polo Cliente ao realizar o seu pedido, unha vez que Librería Bahía estea en posesión do artigo defectuoso e verificase o seu estado.
No caso de que se trate dun agasallo, poderá cambiarse se o produto non foi desprecintado e sempre que estea en perfectas condicións. Non se reembolsará nunca o importe da compra, mais si se poderá efectuar o cambio por un artigo do mesmo importe ou superior. Os gastos de envío e a diferenza de prezo, de a houber, correrán a cargo da persoa que realice o cambio.


Lexislación aplicable
As compravendas realizadas en www.libreriabahia.com sométense á lexislación española. No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación destas condicións contractuais, os xulgados e tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar de cumprimento da obriga ou ao do domicilio da parte compradora.

No caso de que o Cliente teña o seu domicilio fóra de España, ou que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais de Viveiro.