Librería Bahía Librería Bahía

Castellano Galego
Procura avanzada

TEN NA súa CESTA DA COMPRA

0 Artigos

En total 0,00 €

Aviso Legal


O dominio www.libreriabahia.com está rexistrado a partir de agora a nome de BAHÍA CULTURA E OCIO S.L.

Datos do propietario do sitio web:

NOME OU RAZÓN SOCIAL: BAHÍA CULTURA E OCIO S.L.
CIF: B27307388
ENDEREZO: AVDA. DA MARIÑA Nº 40
C.P :27780
LOCALIDADE: FOZ
PROVINCIA: LUGO PAÍS: ESPAÑA

Datos do rexistro mercantil:
Rexistro Mercantil de Lugo, Tomo 331, Folio 17, Folla LU-9737, Inscrición 1ª


O acceso ao sitio web e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos neste comporta a aceptación das condicións previstas neste aviso legal. Por iso recomendámoslle que lea atentamente o seu contido se vostede desexa acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos desde o sitio web.
É posible que nalgún momento algunha das páxinas do sitio web dispoña de cookies, que son arquiviños de datos que se xeran no ordenador do usuario ou cliente e que lles permiten aos nosos sistemas lembrar o idioma e o portal escollidos, así como outras características ou preferencias de navegación do usuario na súa primeira sesión. Estas cookies non son invasivas, nin nocivas, nin conteñen datos de carácter persoal, xa que a súa única función é personalizar a súa navegación no xeito antes indicado.

Estatus de usuario e usos permitidos e prohibidos

O acceso a e/ou uso do sitio web reflectido como sitio web atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, desde ese mesmo intre, plenamente e sen reserva ningunha, estas condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

O usuario comprométese a empregar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra a razón social propietaria do sitio web ou calquera terceiro, ou que, de calquera xeito, poida causar prexuízo ou impedir o funcionamento normal do sitio web.

Propiedade intelectual e industrial

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños etc.), prohíbese:
1. A súa reprodución, distribución ou modificación, agás que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
2. Calquera vulneración dos dereitos do propietario do sitio web ou dos seus lexítimos titulares.
3. A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
4. Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos usuarios así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún ao sitio web.

O propietario do sitio web non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen deberse aos seguintes motivos:
1. A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos.
2. A falta de utilidade, adecuación ou validez do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
3. A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
4. A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
5. O uso lícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
6. A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
7. O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.

Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no sitio web, deberá notificar esta circunstancia a Bahía Cultura e Ocio S.L., indicando:
1. Datos persoais do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación é presentada por un terceiro distinto do interesado, deberá indicar a representación coa que actúa.
2. Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa situación no sitio web.
3. Acreditación dos devanditos dereitos de propiedade intelectual.
4. Declaración expresa na que o interesado se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é de exclusiva responsabilidade destes.

O establecemento de calquera hiperligazón entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio estará sometido ás seguintes condicións:
1. Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
2. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslógan ou outros signos distintivos pertencentes ao sitio web.
3. Baixo ningunha circunstancia, o propietario do sitio web será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice a hiperligazón nin das informacións e manifestacións incluídas nesta.


Duración e modificacións

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, o propietario do sitio web resérvase o dereito de interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran sen que diso se poida dirimir responsabilidade ningunha.

Poderase modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes Condicións Xerais hanse rexer pola lexislación española.
O propietario do sitio web e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do sitio web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, o propietario do sitio web e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Viveiro (Lugo).

 

Ao abeiro da Lei orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, indicámoslle que os datos persoais que vostede nos fornece de xeito voluntario por calquera dos nosos medios de recollida de información van ser incorporados a ficheiros automatizados de tratamento de datos de carácter persoal debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos.

Estes ficheiros teñen como única finalidade a xestión profesional (1) por parte de Bahía Cultura e Ocio S.L., que é titular dos devanditos ficheiros. Os datos contidos neles serán tratados de xeito confidencial. Bahía Cultura e Ocio S.L. cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.

(1) Xestión de clientes, realización de orzamentos, xestión contable e fiscal, elaboración de facturas, xestión laboral.

Bahía Cultura e Ocio S.L. adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Para a realización da xestión antes mencionada pode cumprir cederlles os datos a encargados de tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas (as cales poden verificar a veracidade dos datos).

Infórmase da posibilidade de enviarlle información sobre actividades e servizos de interese aos que vostede presta o seu consentimento e que, por calquera medio, puidesen levar a cabo entes colaboradores do titular do ficheiro e o propio titular do ficheiro.

Esta autorización faise efectiva de xeito retroactivo a calquera tratamento de datos feitos xa por parte do titular do ficheiro, sempre e cando a finalidade fose a anteriormente indicada. Tamén se fai efectiva para calquera outro tratamento necesario para a prestación de servizos de recente ou nova contratación.

Para que a información que conteñen os nosos ficheiros estea sempre actualizada e non conteña erros pedímoslles aos nosos clientes e usuarios que nos comuniquen, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal.

Se desexa exercer o dereito de acceso, rectificación, oposición ou cancelación, envíe un escrito (achegando fotocopia do DNI) a:

Bahía Cultura e Ocio S.L., avda. da Mariña nº 40, 27780 Foz (Lugo) - Correo electrónico: info@libreriabahia.com