Librería Bahía UN RATO DIXOLLE A LUA. ANTOLOXÍA DA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Castellano Galego
Procura avanzada

TEN NA súa CESTA DA COMPRA

0 Artigos

En total 0,00 €

UN RATO DIXOLLE A LUA
Título :
UN RATO DIXOLLE A LUA. ANTOLOXÍA DA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Subtítulo :
Autor :
GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
Editorial :
XERAIS
Ano de edición :
2013
ISBN:
978-84-9914-505-1
Páxinas :
152
Dispoñibilidade :
Témolo en existencias
18,50 € Comprar

Sinopsis

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.
«Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.