UN CAN E UN GATO

UN CAN E UN GATO

CARBONELL, PAULA / GOMEZ, CHENE

13,50 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2011
Materia
Ybc - albumes ilustrados
ISBN:
978-84-9871-361-9
Páginas:
36
13,50 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

Un can e un gato coñecéronse.
O gato dixo: Miau!
O can dixo: Guau!
Pero non se entenderon.
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos... e volven xogar.

Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.
Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor...

Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.

A autora, Paula Carbonell, con dúas obras anteriores en OQO editora (A viaxe das bolboretas e Buscando o Norte), escribe sobre o texto, "Un can e un gato: como un pai e un fillo, como dous irmáns, como unha parella, como os avós, coma ti e coma min".

As ilustracións foron realizadas en colaxe, técnica habitual nos traballos de Chené Gómez con OQO editora (Loboferoz, A viaxe das bolboretas). A particularidade deste álbum está en que os recortes utilizados foron previamente elaborados con lapis e ceras co fin de crear diferentes texturas ricas en cor. Os fondos limpos, brancos e neutros realzan a explosión de cores e formas, xa sexa nos elementos ou nos propios personaxes.

A riqueza cromática creada a través destas texturas permitiu ao ilustrador crear un ambiente "alegre e desenfadado". Para o artista, os brotes de cor intentan sumir o lector nos estados de ánimo dos personaxes: o gato monta en "cólera vermella" cando é atrapado polo can; a frescura do azul invítanos a correr xogando cos dous personaxes; o campo convértese nun arco iris cando os dous amigos se reconcilian; o soño de ambos os dous faise cálido nun contexto de amarelos etc.

Chené concibiu o gato en tons cálidos e o can en cores frías para potenciar a súa distinta natureza. Esta diferenza acentúase na portada do libro, onde os dous personaxes se atopan separados por un abismo, aínda que se achegan con curiosidade. Nas gardas, cada un deles vive no seu mundo solitario antes de coñecer o outro.

A composición e a disposición de elementos nas ilustracións, ademais de crear un ambiente envolvente e acolledor, supón unha chispa creativa e orixinal que completa a intención de dinamismo e se adapta perfectamente ao espírito do texto.

Unha proposta orixinal pola súa intención estética, para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.

Artículos relacionados

  • UN LUGAR PERFECTO
    COUSINS, LUCY
    En Un lugar perfecto acompañamos a cuatro insectos que buscan el lugar ideal para vivir. La abeja necesita flores y la libélula, un pequeño charco. La mariquita quiere hojas verdes y el escarabajo, un árbol en el que poner huevos. Juntos emprenden la búsqueda, pero cada sitio en el que prueban suerte está contaminado o repleto de peligros: un montón de basura, restos de aerosol...
    Disponible

    14,50 €

  • SOLO UNA NOCHE
    ANTINORI, ANDREA
    Un hombre sale de su casa y emprende una excursión a la montaña. Sube hasta la cima y luego desciende y acampa para pasar la noche en un bosque. Se mete en su tienda y, a partir de ese momento, comienzan a suceder muchas cosas a su alrededor. ¿Es el bosque un lugar mágico cuando llega la noche, o todos estos personajes y seres fantásticos están en los sueños y la imaginación de...
    Disponible

    16,00 €

  • OSITO TITO. ¡SIGUEME! LA OBRA
    DAVIES, BENJI
    ¡Un nuevo título de cartón con 6 fichas deslizables de la colección de Osito Tito!¡Con Osito Tito en la obra pásatelo genial, y con las fichas del interior sigue los caminos hasta el final! Osito Tito hoy trabaja como jefe de obra. Subirá al buldócer y realizará su primera maniobra. Luego vaciará el volquete, ¡que se vuelve a llenar en un periquete! Tras un descanso, el equipo ...
    Disponible

    10,95 €

  • OSITO TITO. UN DIA EN EL JARDIN
    DAVIES, BENJI
    Cinco mecanismos aptos para pequeñas garras, una historia rimada y muchísimo que ver, señalar y comentar en esta colección de cuentos interactivos que tiene como protagonista a Osito Tito.Osito Tito es un jardinero de primera. ¿Lo ayudas a regar las flores Acompáñalo a preparar la tierra, plantar semillas y cuidar las plantas con este divertidísimo libro con mecanismos para est...
    Disponible

    8,95 €

  • ZOZO GLOTON
    DOUIN, BRUNO
    A Zozó le encanta comer. Con esos enormes dientes se zampa un conejo de peluche, un dedito del pie ¡y sigue hambriento, el muy glotón! ¡Entonces toca merendar! Un librito de tela muy blandito, achuchable, y hasta un poquito crujiente cuando se manipula. Realmente dan ganas de comérselo Es especial para bebés tragoncetes y también para los más tiquismiquis ¡Un librito delicioso!...
    Disponible

    17,50 €

  • NO ESTOY PERDIDO
    GOURLEY, KASHELLE
    Harto de las presiones de la vida de mascota, un perro se escapa de su hogar en busca de la libertad. Pero pronto se dará cuenta de lo mucho que echa de menos aquella vida. ¿Podrá regresar a casa o será castigado para siempre? Un libro albúm lleno de humor y ternura que encantará a niños y adultos. Ilustrado por Skylar Hogan ...
    Disponible

    14,90 €

Otros libros del autor

  • UN CAN E UN GATO
    CARBONELL, PAULA / GÓMEZ, CHENÉ
    Un can e un gato coñecéronse. O gato dixo: Miau! O can dixo: Guau! Pero non se entenderon. ...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €