CAAMAÑO SUÁREZ, MANUEL
Nesta brillante obra, Manuel Caamaño Suárez realiza un dos estudos máis completos sobre a arquitectura popular de Galicia.
En Galicia existe unha notable variedade de construcións populares e anónimas, nas que se diferencian distintos tipos de casa-vivenda así como numerosas e diversas construcións adxectivas. Nesta obra analízase esa "arquitectura sen arquitectos", que modifica e humaniza aínda máis o noso territorio, compaxinándoo co estudo de fontes bibliográficas e documentais.
O soporte físico, o medio humano, o proceso de transformación da paisaxe e a ocupación do territorio, as técnicas construtivas e os oficios ou as diversas tipoloxías zonais son algúns dos elementos estudados.
Galardoada cos premios Antón Losada Diéguez (2004) e da Crítica de Galicia (2004), Hércules de Ediciones reedita a versión galega desta obra publicada no ano 2003 polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos