OTERO PEDRAYO, RAMÓN
Novela imprescindible na historia da literatura galega, Arredor de sí tamén se pode considerar a biografía espiritual dos homes da xeración Nós. Ramón Otero Pedrayo conta a historia dunha descuberta: a de Galicia e a súa cultura. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva que transmite ao lector o pulo da narración, esta obra situou a novela galega na vangarda da época.