VARIOS
A importancia do ámbito municipal para as accións de promoción do idioma é difícil de esaxerar. As administracións municipais son as máis próximas á cidadanía, as que teñen maior incidencia na vida local e aquelas coas que os veciños e veciñas teñen un trato máis asiduo. O traballo que presentamos é unha mostra acabada do impecable rigor técnico con que o devandito colectivo e cada un dos seus membros afrontan as tarefas que eles mesmos marcan, un rigor que apenas consegue disimular a paixón polo idioma que latexa por detrás da súa enteira traxectoria de servizo público.