LÓPEZ GARCÍA, XOSÉ / ANEIROS DÍAZ, ROSA (COORDS.)
O Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo de Comunicación, publica unha nova edición do Informe de Comunicación no que se fai unha radiografía dalgún dos principais aspectos tanto do ámbito empresarial como do campo profesional. Un grupo de expertos, convidados polos coordinadores do volume para colaborar nesta ocasión, presenta datos das investigacións que realizaron nos últimos anos. O conxunto dos traballos amosa unha visión panorámica na que se achegan datos que nos deben permitir entender mellor a complexidade dun sector básico para a promoción e a difusión da cultura do país como é a comunicación.