Búsqueda de Editorial : XERAIS

1336 resultados

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    Disponible

    17,95 €

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    DAVILA, BERTA
    O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional)...
    Disponible

    12,95 €

  • ANALFABETA
    ESMORIS, ERICA
    Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo. ...
    Disponible

    15,95 €

  • NAVE
    SENDON, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...
    Disponible

    13,50 €

  • DONA PROBLEMAS. SALVADORA DA ESCOLA
    O HEMATOCRITICO
    Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona P...
    Disponible

    12,50 €

  • UNHA GORXA CHEA DE PAXAROS
    OS CARUNCHOS
    Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego. Cun texto de Xaneco, que fai un percorrido pola traxectoria dos Carunchos, e cun epílogo de Xurxo Souto, onde o escritor e músico fala da importancia de Manuel María par...
    Disponible

    18,95 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    Disponible

    12,95 €

  • NIÑOS DE LA CALLE
    QUE MAI, NGUYEN PHAN
    En 1969, las hermanas Trang y Quynh, desesperadas por ayudar a suspadres a pagar sus deudas, abandonan su aldea y se convierten en"chicas de bar" en Saigón, donde beben y coquetean con soldadosestadounidenses a cambio de dinero. A medida que la guerra se acerca a la ciudad, la otrora inocente Trang se ve envuelta en un irresistible romance con un piloto de helicóptero estadouni...
    Disponible

    20,95 €

  • VERSO E ACORDE
    POMBO, ALBERTO
    Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega musicada? Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou ...
    Disponible

    20,95 €

  • SETE DENTES DE LEÓN
    COSTAS, LEDICIA
    Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo. ...
    Disponible

    13,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    Disponible

    17,95 €

  • A CASA DO AMO
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    Disponible

    18,95 €

  • VARETAI. PROTECTORA DE ESPIRITOS
    DE EVAN, ALBA
    Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres Quen son eses seres que apareceron de súpeto Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas. ...
    Disponible

    12,50 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    Disponible

    12,95 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    Disponible

    13,95 €

  • A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    Disponible

    14,50 €

  • O TREN FANTASMA
    ORUÑA, MARÍA
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el! ...
    Disponible

    12,50 €

  • A VIAXE DE MEU PAI
    PEREIRA BUENO, FERNANDO
    Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante u...
    Disponible

    22,95 €

  • ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    Disponible

    12,95 €

  • CHOVE!
    VEIGA, RAMON D.
    Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova... Adiviñas quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura dos teus personaxes favoritos! ...
    Disponible

    12,95 €

  • CINCO PSEUDOCOMEDIAS
    PRIETO, JOSE
    «Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes. Do costumismo ao absurdo, do musical á traxedia ou do drama ao documental. A comedia exerce nestes textos de elemento transversal, ás veces de aliño e ás veces de alivio, pero non ...
    Disponible

    13,95 €

  • 831-URB
    LOPEZ RODRIGUEZ, MANUEL
    «831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. ...
    Disponible

    12,95 €

  • O LEGADO DA NENA DO SAL
    GALLEGO, ELENA
    Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se as...
    Disponible

    21,95 €

  • FINXIMENTOS
    PEREZ REI, MARIÑA
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega p...
    Disponible

    17,95 €

  • REFUGALLO O ESPANTALLO
    ALONSO GASALLA, IRENE
    Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite. O seu desexo é recompoñer o vello espantallo que o pai ten na horta da casa, pero non vai ser sinxelo, xa que os «bocapodres»...
    Disponible

    12,50 €

  • ADELINE
    SOLAR, MARIA
    Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa u...
    Disponible

    12,95 €

  • A FERIDA IMAXINARIA
    DAVILA, BERTA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acu...
    Disponible

    17,95 €

  • AS PEREGRINACIONS A COMPOSTELA
    ANDRADE CERNADAS, XOSE MIGUEL
    Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ...
    Disponible

    17,95 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NEBOA
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....
    Disponible

    19,50 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    GOMEZ RAMOS, ADRIAN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecement...
    Disponible

    12,95 €