Búsqueda de Editorial : GALAXIA

1338 resultados

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do...
    Disponible

    11,60 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponible

    14,70 €

  • TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA, O
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...
    Disponible

    16,70 €

  • (G).AS VIDAS DO RIO.(LITERARIA RONSEL)
    TEIXEIRA RODRIGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro de...
    Disponible

    20,50 €

  • (G).UBASUTE.(TEATRO)
    CARBALLEIRA, PAULA
    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademai...
    Disponible

    12,00 €

  • (G).124.O PENSAMENTO POLITICO DE RAMON PIÑEIRO.(ENSAIO)
    RODRIGUEZ ALVAREZ, SERXIO MARIA
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: piñeirismo. O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende pre...
    Disponible

    16,40 €

  • DOUTOR ZHIVAGO
    PASTERNIK, BORÍS
    Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de ...
    Disponible

    34,00 €

  • CORAZON DAS CASAS, O
    ALFAYA, AN
    Todas as casas teñen corazón e cada corazón agocha un segredo, sabíalo? Eli lembra a súa infancia cos seus pais, Marga e Telmo, que reformaban casas vellas, e vivían nelas mentres as reconstruían. Nunha delas, na casa da cerdeira, atopa un obxecto que a leva a descubrir a Mencía, unha misteriosa nena que se acanea nun bambán no xardín, cuxa presenza lle provoca sensacións que n...
    Disponible

    14,00 €

  • OS SEGREDOS DO BOSQUE DE BEN-CHO-SHEY
    LOPEZ-BARXAS, PACO
    Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa Por que ten ese nome tan raro A quen lle gusta xogar á billarda En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos O bosque de Ben-Cho-Shey escond...
    Disponible

    16,95 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (N.G.)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.” Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica. Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos o...
    Disponible

    20,20 €

  • A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES
    GONZALVO, LAURA
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. U...
    Disponible

    17,40 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...
    Disponible

    16,45 €

  • ANTOLOXIA POETICA DE LABARTA POSE
    LABARTA POSE, ENRIQUE
    Enrique Labarta Pose cultivou todos os xéneros literarios e destacou como xornalista a finais do século XIX nas cidades de Santiago e Pontevedra. Nesta Antoloxía poética recóllense corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa, e moitos deles acadaron premio en distintos certames literarios da época. Botando man dunha pluralidade de voces poéticas, En...
    Disponible

    19,50 €

  • A MÚSICA DOS VALLADARES
    BERNÁRDEZ, PABLO
    Na casa de Vilancosta (Berres, A Estrada) gardouse un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez (Marcial, Avelina e Serxio). Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros desta Casa Grande. Un legado de enorme valor. Este proxecto pretende contar a...
    Disponible

    15,00 €

  • CANDO NON SEI VOLVER
    RAMOS, BALDO
    hai libros que nos len, que nos percorren como camiños desandados, como ríos que nunca desembocan. un día volverás polas palabras que te atravesan e daquela entenderás por que o verbo volver só se conxuga en primeira persoa. ...
    Disponible

    18,00 €

  • SENTINELAS DA LUA CARMESI
    CASTRO, ANDRES / PEROZO, OZO
    Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un c...
    Disponible

    15,00 €

  • GROENLANDIA
    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023. Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o co...
    Disponible

    20,95 €

  • SOMOS HIP-HOP. FUNDAMENTOS DO BREAKING, RAP, GRAFFITI, TURNTABLISM E BEATBOX
    CASTIÑEIRA OLVEIRA, PABLO / BREY VÁZQUEZ, DAVID
    Mentres a comunidade estadounidense da década de 1970 vibraba coa música funk e disco nos clubs de moda dos barrios ricos de Nova York, algo máxico estaba a piques de suceder nos guetos da periferia, onde comeza a xerminar un novo movemento sociocultural, artístico, reivindicativo e transgresor que en poucos anos chegaría a todos os recunchos do planeta… Falamos do movemento hi...
    Disponible

    22,00 €

  • HERMILINDO ESBIRRA POEMAS
    SEÑARÍS, PAULA
    Pronunciar palabras bonitas está totalmente prohibido no mundo mecánico. Por iso Hermilindo ten un grave problema: debe ocultar que esbirra versos que lle saen do seu corpo de latón. Un día próelle tanto o nariz que esbirra un poema enteiro diante de todos! Pobre Hermilindo, bótano do seu país por este delito! Pero o que non sabe é que, no seu desterro, descubrirá seres fantást...
    Disponible

    11,40 €

  • A PEQUENA KUNA
    PACHECO, MERCEDES
    Na illa Mola-Mola, entre palmeiras, xogaba Lúa, a pequena kuna de ollos grandes e escuros. A natureza era a súa compañeira e as estrelas de mar, buguinas e cangrexos os seus amigos, ata que coñeceu a Oli, o navegante dos océanos, e desde aquela as súas vidas estiveron unidas sucando mares e océanos co vento a favor. ...
    Disponible

    16,00 €

  • TECENDO REDES (PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2022)
    REGA JUL, IRENE
    V Premio de novela Vilar Ponte 2022 Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e ...
    Disponible

    19,50 €

  • MIÑA CASIÑA, MEU LAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    1.1YB 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    15,90 €

  • XE
    BOUBETA BAMIO, LARA
    1.1YB 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    15,90 €

  • 70º NORTE
    TOXO, XAIME
    O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas ...
    Disponible

    21,95 €

  • CANDO O AVÓ ESQUECEU O MEU NOME
    MORLÁN VIEITES, ROSALÍA
    ACCÉSIT PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER 2022 O avó esquece as caras dos seres queridos e queda perido no mundo do nada onde o esquecemento lle roubas as ganas e os soños e agóchaos en caixas. A neta loita por el, colléndoo da man para que non se renda, e recupera esas lembranzas agochadas que compartiron para que non se perdan para sempre no fondo pozo da desmemoria....
    Disponible

    10,00 €

  • EVA E LUCY
    PAVÓN, CRIS
    Ciencia, maxia, relixión. De que xeito nos explicamos o mundo? Con que mestura de relatos damos sentido ás existencias? As mulleres protagonistas de Eva e Lucy amosan e agochan as súas estratexias para vivir, para loitar por un lugar no mundo, para acougar a dor. Andar, facer, falar. Camiños na evolución e camiños en Compostela. Migracións e peregrinacións, sendas que nos condu...
    Disponible

    20,90 €

  • HISTORIAS DE EMIGRANTES (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de costumes que teñen que ver cos galegos emigrados e os lugares polos que transitan. Unha vida de emigrantes, coma a súa. ...
    Disponible

    14,00 €

  • GALEGOS NO GOLFO DE MEXICO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de costumes que teñen que ver cos galegos emigrados e os lugares polos que transitan. Unha vida de emigrantes, coma a súa. ...
    Disponible

    23,00 €

  • VIAXE DO CASTREXO, A
    PLAZA POUTAS, ALEXANDRE
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    25,50 €

  • ALEN DAS ESTRELAMARES
    LAGO PEREIRA, XOAN XOSE
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    15,65 €