RIBEIRO, ELVIRA
Elvira Ribeiro (Pontevedra, 1971). Nacín cando soaba na radio ?Me and Bobby McGee? da rabuda da Janis Joplin. Desde pequena (eu tamén rabuda) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida?). Ata o momento publiquei poesía para persoas adultas (Andar ao leu, 2005; Arxilosa, 2005; Biografía da Multitude ?en coautoría con Silvia Penas-, 2009; carnia haikai, 2012 e corpos transitivos, 2013) e tamén para crianzas (pAlAbrAs brAncAs, 2008 e As redes de Inés, 2014). Grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás. Nin remeiras nin temoeiras.