Librería Bahía TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR (2ªED). MARIA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA, MARIA SOLIÑA

Castellano Galego
Busqueda avanzada

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 Artículos

En total 0,00 €

TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR (2ªED)
Título:
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR (2ªED). MARIA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA, MARIA SOLIÑA
Subtítulo:
Autor:
GUILLERMINA DOMINGUEZ FELICIA ESTÉVEZ SALAZAR
Editorial:
BAIA
Año de edición:
2018
Materia
Literatura
ISBN:
978-84-9995-286-4
Páginas:
90
Disponibilidad:
Lo tenemos en existencias
12,00 € Comprar

Sinopsis

Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.

O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só –que non é pouco– transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres.

A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña.

As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.