Librería Bahía POMPAS DE XABÓN. CADERNO DE VACACIÓNS 3 ANOS

Castellano Galego
Busqueda avanzada

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 Artículos

En total 0,00 €

POMPAS DE XABÓN. CADERNO DE VACACIÓNS 3 ANOS
Título:
POMPAS DE XABÓN. CADERNO DE VACACIÓNS 3 ANOS
Subtítulo:
Autor:
CAMPUZANO VALIENTE, MARÍA DOLORES
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2015
Materia
Idiomas
ISBN:
978-84-9914-849-6
Páginas:
60
Disponibilidad:
Lo tenemos en existencias
11,90 € Comprar

Sinopsis

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística e corporal?