SANCHEZ IBARZABAL,PALOMA
Unha balea solitaria que percorre o mar buscando a súa manda. Un cazador que a persegue sen descanso e non parará ata darlle alcance.
Cando se atopan, descobren que teñen en común máis do que imaxinaban. Dous protagonistas, e como escenario o inmenso e misterioso océano.
Epopea moderna sobre a loita dun home contra as forzas da natureza, pero a obra ofrece ademais outro nivel de lectura máis intimista.
Porque esta tamén é unha historia que fala de soidades.