MARILAR ALEIXANDRE
Será difícil que me creades. Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado a xente cambiaren de punto de vista. Mais debo contar a verdadeira historia de Brancaneves. Non é certo que los sete ananos (o irmáns) dixésemos que podíase quedar connosco a cambio de coidar a casa, cociñar, facer as camas, e lavar. Vós credes que algunha rapaza aceptaría iso?