TOMI UNGERER
TONI ODIA QUE LLE DEAN BICOS, E QUE O ESPERTEN CUN BICO MENTRES ESTÁ EN PLENO SOÑO É, SEN DÚBIDA, A MAIOR CRUELDADE QUE LLE PODEN FACER.
A Toni Pouta non lle gustan os bicos, mais mamá Pouta non o entende. Ela trátao coma se fose un bebé e Toni non o atura, pois el é o gato máis fedello da súa clase, a quen máis lle gustan as bromas pesadas e quen nunca rexeita unha liorta.
Mais un día todo cambia e, aínda que non haberá un bico para mamá, si obterá algo moito máis importante.