Librería Bahía INDO PARA O SAMAÍN

Castellano Galego
Busqueda avanzada

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 Artículos

En total 0,00 €

INDO PARA O SAMAÍN
Título:
INDO PARA O SAMAÍN
Subtítulo:
Autor:
LABRAÑA BARRERO CARLOS ; LABRAÑA BARRERO SABELA
Editorial:
EVEREST
Año de edición:
2002
Materia
Ficción
ISBN:
978-84-403-0423-0
Páginas:
48
Disponibilidad:
Sin existencias. Disponible en 10 días
7,00 € Comprar

Sinopsis

O Samaín é unha tradición de orixe celta que os americanos importaron co nome de Halloween. En Galicia son moitas as vilas que tentan recuperar esta tradición; o máis coñecido é o que se celebra na localidade coruñesa de Cedeira.
A acción desenvólvese nun único acto e os personaxes están relacionados cos elementos característicos do Samaín: cabazas, castañas, o outono?
No medio do campo hai tres cabazas; un grupo de nenos achégase a elas coa intención de transformalas en fermosas caveiras coas que desfilar a noite de Samaín. A máis pequena non lles gusta, porque é algo deforme e ela séntese humillada; a súa tristeza e soidade conmoven unha mazaroca, que lle propón ir xuntas á festa. No camiño van facendo novos compañeiros (as castañas, o vento, as follas das árbores) para continuar a peregrinaxe. Paran a descansar e entran en escena un avó e mais o neto. O neno séntese desgraciado por non ter unha cabaza para a festa e o avó, ó ver a que había alí abandonada, talla nela unha preciosa caveira. Todos chegan puntuais a Cedeira para gozar do Samaín e a pequena cabaza resulta ser unha das caveiras máis fermosas, mesmo para aqueles nenos que a rexeitaran. Ela é a encargada de ensinarlles a realidade dos conceptos feo e fermoso.