VARIOS AUTORES
Colectivo Corasons
ANTÓNIO ZAMBUJO: A voz portuguesa masculina máis internacional do momento. JOÃO AFONSO: Un dosprincipais cantautores ibéricos, sobriño de Zeca Afonso. RUI DAVID: Canta música portuguesa, brasileira e ten actuado no teatro. MAGÍN BLANCO:Tres décadas de traxectoria musical como músico e compositor. INÊS SALSELAS: Nacida en Porto, cantou no grupo Canto Nono. QUINÉ TELES: Un dos mellores percusionistas da música portuguesa. BELÉN CID: Cardióloga, experta no complexo mundo dos corazóns. CARLOS BLANCO: Actor teatral, autor e director. Figura do humor galego. NAJLA SHAMI: Achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África,que mestura coas súas raíces e co jazz. SÉRGIO TANNUS: Un dos máis completos artistas da "safra" brasileira. Virtuoso instrumentista. BRUNO CARDOSO: Emigrante en Mozambique, é experto en música tradicional. LUANDA COZETTI: Forma o grupo Couple Coffee co baixista Norton Daiello. NORTON DAIELLO: Unha das metades dos Couple Coffee. Acompañou artistas como Luanda Cozetti e Ivan Lins. XOÁN CURIEL: Un dos valores actuais da música galega, premio ao mellor álbum nos V Premios da Música Independente. ALINE FRAZÃO: Co seu último disco "Movimento", interpreta música tradicional de Angola, Cabo Verde e Brasil. MANUEL SALSELAS: Músico do Porto que formou parte do grupo Jig. PABLO VIDAL MENDOZA: Produce a Sapoconcho no seu estudio Aldea Global. TATÁN CUNHA: Actor de longa traxectoria no mundo dos títeres, cofundador de Tanxarina. CHUS DOMÍNGUEZ: Formou dúo coa súa irmá Uxía. Participou no libro-cd "Maria Fumaça" adicado ao seu fillo Rui. ANA SENLLE: Forma parte do grupo SonDeSeu e de Malvela, directora vocal e coprodutora dos seus discos. PIERRE ADERNE: Compositor e autor da letra de "Guia" de António Zambujo ou "Mina do Condomínio". SERGINHO SALLES: Formou parte do grupo Só pra contrariar co que conseguiu premios e nominacións aos Grammy Latinos. ALFREDO TEIXEIRA: Foi membro do grupo Jig e participou noutros proxectos de música popular portuguesa. BUDIÑO: Ten publicado seis discos recoñecidos pola crítica e con premios importantes. ISAAC PALACÍN: Fundador de Berrogüetto e produtor no seu estudio Minhoteira. PACO ABELLEIRA: Guionista e traballador audiovisual, dirixiu o documental "CoraSons". DANI JUNCAL: Iluminador, participou na produción executiva de "CoraSons" e deseñou a escenografía. ISABEL LEAL: Foi a voz dogrupo Jig. A música e a fotografía son as súas paixóns. UXÍA: Máis de 25 anos de carreira artística. É directora artística de Cantos Na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, e tamén de "CoraSons".