VALENTE, JOSÉ ÁNGEL
José Ángel Valente publicou o seu primeiro poemario en galego no ano 1981 baixo o título de Sete cántigas de alén (Ediciós do Castro). Tras estes versos, naceron outras composicións en galego escritas durante os anos oitenta e noventa, que foron reunidas en edicións progresivamente ampliadas co título de Cántigas de alén en 1987, 1989 e 1996.
A obra que agora publica Ouvirmos contén o ciclo completo de Cántigas de alén, incluíndo por primeira vez o poema ?Na mar de Vigo? e a dedicatoria aos emigrantes de A Nosa Galiza de Xenebra no poema ?Sub nocte?. Unha recompilación, con edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer, que por primeira vez reúne toda a obra poética en galego de José Ángel Valente.