ÁS DE BOLBORETA

ÁS DE BOLBORETA

ANEIROS DÍAZ, ROSA

13,00 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2009
Materia
Y - infantiles, juveniles y didacticos
ISBN:
978-84-9914-028-5
Páginas:
232
13,00 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

Na ?Luzada?, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d? As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño?

O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que ?Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela?; salientando, ademais, que ?mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela?. Para concluír que ?Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.?

Artículos relacionados

  • BUENAS NOCHES PEQUEÑO ZORRO
    YOYO
    ¡Un libro para abrazar!Primer libro dudú para ayudar al bebé a relajarse y dormirse. El tejido suave, los colores pálidos, los bordados y las cintas táctiles ayudarán a estimar el desarrollo sensorial del bebé. ...
    Disponible

    13,95 €

  • BUENAS NOCHES PEQUEÑO BUHO
    YOYO
    ¡Un libro para abrazar!Primer libro dudú para ayudar al bebé a relajarse y dormirse. El tejido suave, los colores pálidos, los bordados y las cintas táctiles ayudarán a estimar el desarrollo sensorial del bebé. ...
    Disponible

    13,95 €

  • BUENAS NOCHES PEQUEÑA OVEJA
    YOYO
    ¡Un libro para abrazar!Primer libro dudú para ayudar al bebé a relajarse y dormirse. El tejido suave, los colores pálidos, los bordados y las cintas táctiles ayudarán a estimar el desarrollo sensorial del bebé. ...
    Disponible

    13,95 €

  • BUENAS NOCHES PEQUEÑO OSO
    YOYO
    ¡Un libro para abrazar!Primer libro dudú para ayudar al bebé a relajarse y dormirse. El tejido suave, los colores pálidos, los bordados y las cintas táctiles ayudarán a estimar el desarrollo sensorial del bebé. ...
    Disponible

    13,95 €

  • EL CLUB ARCOÍRIS 5. EL PLAN DE PLUVIA
    GALÁN, ANA
    Aprende a leer a solas en una nueva aventura en LETRAS MAYÚSCULAS del Club Arcoíris.Pluvia, la ninfa de la lluvia, se reúne con sus amigas en el mundo de los humanos por orden de la Reina. ¡El Club ya está al completo! Para celebrarlo, las cinco ninfas y Marina dan un paseo por el mercadillo, pero… ¿quién ha pintado a esos pollitos? La pintura les sienta muy mal. ¡Hay que salva...
    Disponible

    7,95 €

  • ¡YA VOY AL COLE!
    BATHIE, HOLLY
    Este encantador libro de más de 180 pegatinas introduce a pequeños enla rutina de un día escolar, desde el viaje de ida, pasando por elrecreo o el contenido de algunas clases como música, arte o educaciónfísica. ...
    Disponible

    5,95 €