JUAN TALLON
Abonda unha pregunta para recompor as pezas do misterio? Que hai por baixo dos raís onde un instante é veloz e discutible? Talvez o inexplicable carece de principio e só se deixa ver, fugaz, a medio percorrido. Pasa. Destrúe a súa forma e, sen volverse, permanece. Incomoda. Desasosega. Aí, nese enigma, desenvólvese esta historia. César Aira e Roberto Bolaño habitan distancias impredecibles. Anchuras conti-nentais dirimidas en minutos. Flutuacións que dun xeito estraño demoran un primeiro encontro, agochando impedimentos dunha simpleza desconcertante. Tres ocasións, tres citas inaprazables penduradas dun fío que toda escena require invisible. Michel Lafon, amigo e tradutor de Aira, comparece no argumento transmutado en narrador e testemuña, cómplice á fin, da intención que mantén o relato en constante expectativa. http://novenoites.wordpress.com/2011/01/19/narradores-que-avanzan-cara-ao-no/ http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/01/31/lector-hay-darle-ejemplos-faciles-lectura/513844.htmlhttp://www.europapress.es/galicia/noticia-juan-tallon-entabla-pregunta-perfecta-dialogo-literatura-buscando-novela-imposible-escribir-20110127111524.htmlhttp://www.atlantico.net/noticia/124708/juan/tallon/entabla/pregunta/perfecta/dialogo/literatura/buscando/novela/imposible/escribir/http://medias.farodevigo.es/documentos/2011-03-03_DOC_2011-02 03_22_28_12_farocultura.pdf http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/04/galicia/1299234718.htmlhttp://www.abc.es/20110225/comunidad-galicia/abcp-juan-tallon-presenta-ultima-20110225.html