Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: tobaruela martinez pere

11 resultados

  • O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA
    TOBARUELA MARTINEZ, PERE
    Un misterioso asasinato, o preludio dunha investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a un estraño caso no que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguén é o que parece. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,00 €

  • A BOA E A AVOA
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    A Ona gústalle ler e na casa da súa avoa atopa un libro moi especial: cada vez que o abre le unha historia diferente! Pero o que é aínda máis sorprendente é que aos protagonistas do libro lles pasan as mesmas cousas que a ela... ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    10,00 €

  • EN BRANCO E NEGRO
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do...
    Consultar disponibilidad

    11,05 €

  • A TEORÍA DOS CONTRARIOS
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Luxuria e amor en cada poro das nosas peles. Sensación ilimitada de paixón, de achegamento. Proximidade. Pulmóns que necesitan respirar o mundo, aínda que sexa o aire rancio dun bar de cidade. Conxunción de soños e de designios de azar? "A teoría dos contrarios" é unha historia de polos opostos que se atraen, e tamén de liñas diverxentes. Unha historia de amor que non entende d...
    Consultar disponibilidad

    15,00 €

  • CINCO HORAS CON MAURO
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Mauro estaba farto de que catro compañeiros de clase lle fixeran a vida imposible. E dediciu solucionalo á súa maneira. Nunca antes estivera tan convencido de botar un plan adiante. Faríao pasase o que pasase. Por iso aquela tarde sería diferente. Aínda que a Mauro non lle pasara pola a cabeza que puidese chegar a selo tanto. ?Pensaba que isto só pasaba nos libros, nas pelis ou...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    10,00 €

  • ORO NEGRO
    LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ / PERE TOBARUELA MARTÍNEZ
    Mal empiezan las vacaciones. Nola está en el aeropuerto de Algures, esa hermosa isla a la que que viajó con su familia para pasar unos días de descanso todos juntos. Y, de repente, llega ese mensaje y todo se tuerce. ¿Por qué secuestraron a los suyos? ¿Quién puede estar detrás de todo esto? Nola, mujer atrevida e incansable, no parará hasta descubrir dónde está su familia. Con ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    9,95 €

  • PUNTO DE ENCONTRO. OURO NEGRO
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE / COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA (PRELEDI)
    ?Se quere volver ver os seus fillos e mais a súa irmá, siga as nosas instrucións?.A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil esta inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións. Está no aeroporto de Algures, esa fermosa illa á que viaxou coa súa familia para pasar uns días de descanso todos xuntos. E, de súpeto, chega esa mensaxe e todo se torce. ¿Por que secuestraron ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    9,50 €

  • O CÓDICE DO SANTO LUGAR
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • POÑENTE
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual.Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén con...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • A CRIPTA DO APÓSTOLO
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pirene...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,50 €

  • VOUVOS PAPAR
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao ?Buscaminas?, ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. ¿Quen é que os quere papar? E ben raro todo isto, ¿non si? Daniel Xove ilustro...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €