Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: carlos callon

10 resultados

  • CICATRICES DE FERRO NAS PALABRAS. OBRA POETICA E PROGRAMA CULTURAL VALENTIN PAZ ANDRADE
    CARLOS CALLON / PAULO FILGUEIRAS
    "Queremos con estas páxinas valorar o contributo de Valentín Paz-Andrade á literatura galega e, utilizando unha terminoloxía que a el era tan cara, ver o seu sentido dinámico tamén no presente. Ademais, fronte á visión de que a dedicatoria do Día das Letras esgota o estudo da obra dun autor, queremos corroborar con estas páxinas que se trata dunha idea infundada. As grandes fig...
    Disponible

    12,00 €

  • O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o méto...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    26,95 €

  • ABERTURA DA BOCA, A
    CALLÓN, CARLOS
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábei...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,00 €

  • (G).81.INSCRIPCIONS.(DOMBATE)
    CALLON, CARLOS
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistra...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,90 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLÓN, CARLOS
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.Nas súas páxinas analíz...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • ATRAVESAR O FANTASMA
    CALLÓN, CARLOS
    O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante consideraba a metade da vida en A Divina Comedia. Cunha forma setenaria, Atravesar o fantasma debrúzase sobre os dous temas centrais na vida de calquera ser humano: o eros e o tánatos, dos cales queremos falar e sobre os cales só podemos balbucir. ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ
    CALLÓN, CARLOS
    De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na l...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
    CALLÓN, CARLOS
    En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingü...
    Consultar disponibilidad

    20,50 €

  • AMIGOS E SODOMITAS. A CONFIGURACIÓN DA HOMOSEXUALIDADE NA IDADE MEDIA
    CARLOS CALLON
    XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais Premio Fervenzas Literarias de EnsaioBotando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, a...
    Consultar disponibilidad

    15,00 €

  • EN CASTELLANO NO HAY PROBLEMA
    CALLON, CARLOS
    Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos m...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €