Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: cajaraville hector

16 resultados

  • MOITA FROITA
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    A profe Lola/ trouxo froita para a escola...Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simple e rimado para recoñecer as froitas e as súas cores e aprender como se denominan en galego, portugués, castelán e inglés. ...
    Disponible

    13,50 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...
    Disponible

    13,50 €

  • XESTAS OLÍMPICAS
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles. O elemento en común dos relatos que co...
    Disponible

    12,50 €

  • OS METROSIDERAIS
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unh...
    Disponible

    12,95 €

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    Disponible

    12,95 €

  • DENÉBOLA A ROXA
    HECTOR CAJARAVILLE
    Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estructura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras. ...
    Disponible

    13,25 €

  • DE REMATE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    De remate ‚Est  construseu protagontextos perte procedenciadocumentos o s¢ ao retraimos descubr aflixido pocombate conimos descubrde s£a vida,nos achega ao rodean, aante un relacalidoscopioam lgama deprotagonismoescrita, que ling¡sticoretratar os enganch ...
    Disponible

    19,50 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, adem...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • ANTONIO FRAGUAS. O BO MESTRE, O MESTRE BO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, qu...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • KUSUMA
    CAJARAVILLE, HECTOR
    Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fra...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • NOVA NURSIA
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católic...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €

  • ONCE PORTAS
    CAJARAVILLE, HECTOR
    O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa a...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,95 €

  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    CAJARAVILLE, HECTOR
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • QUEN DÁ A QUENDA?
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha b...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • DICIONARIO XERAIS DE SECUNDARIA E BACHARELATO
    CAJARAVILLE, HECTOR / GONZÁLEZ CAAMAÑO, RAQUEL
    ACORDE COA NORMA ORTOGRÁFICA VIXENTE PENSADO E REDACTADO PARA ESTUDANTES DE SECUNDARIA E BACHARELATO, DE 12 A 18 ANOS, SEGUINDO AS DIRECTRICES DA REFORMA EDUCATIVA. -UN FORMATO MANEXABLE CUN DESEÑO CONCIBIDO PARA FACILITAR A LOCA ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    36,95 €